Louriña, A

Louriña, A

Comarca natural situada ao SO da Comunidade Autónoma de Galicia, na provincia de Pontevedra, que comprende os concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui. Atópase practicamente inmersa na área metropolitana de Vigo. Recibe o seu nome do río Louro, que rega a comarca xunto co Caselas. Está asentada na Depresión Meridiana sobre un substrato de rochas ígneas chamadas popularmente granito rosa Porriño. A explotación do granito, xunto coa utilización agrícola do val do Louro e Caselas, son as principais actividades económicas desta comarca.

Palabras veciñas

Lourido | lourido -da | Lourido Díaz, Ramón | Louriña, A | Louriña, A | Lourizán | Lourizán