Luaces

Luaces
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe galega que se asentou na provincia de Lugo. Presenta a variante Loaces.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, unha estrela de ouro de oito raios, en abismo, superada dun crecente de prata ranversado, acompañado doutras catro estrelas de ouro colocadas unha en cada cantón do escudo. Entre outras variantes destacan: en campo de azul, un crecente ranversado, de prata, acompañado de catro estrelas do mesmo, de oito raios, colocadas unha en cada cantón do escudo; en campo de azul, un crecente de prata ranversado e bordo de ouro cargado de oito aspas, de goles; en campo de azul, unha estrela de ouro, de oito raios, en abismo, superada dun crecente de prata, ranversado acompañado de seis estelas de ouro, de oito raios, colocadas en aspa. Outra variante leva escudo cuarteado: primeiro cuartel, en campo de azul, cunha torre de prata con cachotería de sable; segundo e terceiro cuarteis, en campo de ouro, con cinco flores de lis de azul, postas en aspa e bordo de goles con oito vieiras de prata; cuarto cuartel, en campo de prata, con tres faixas de azul.