Luada

Luada

Desfile das coleccións de roupa dos deseñadores galegos que se iniciou o 16 de febreiro de 1985 da man do grupo Galicia-Moda, dirixido por Luís Carballo, e co que se pretendía relanzar a moda galega no ámbito internacional. O primeiro desfile celebrouse no Teatro García Barbón (Vigo) e participaron as firmas Cafre, Caramelo, Cortemans, D’aquino, Florentino, Pressman, Unicén e Vesgante. Estivo considerada como unha das principais pasarelas de España, xunto co Salón Gaudí de Barcelona e a Pasarela Cibeles de Madrid.