Luar na Lubre
Luar na Lubre
[MÚS]
Grupo coruñés de folk que iniciou a súa carreira en 1986. Formado por Xosé Bieito Romero, Rosa Cedrón, Xulio Varela, Eduardo Coma, Patxi Bermúdez, Pedro Valero, Xavier Ferreiro e Xan Cupeiro, da súa discografía destacan O Son do Ar (1988), Ara Solis (1993), Plenilunio (1997), Cabo do Mundo (1999), Espiral (2002) e Hai un paraíso (2004). En 1997 colaboraron con Mike Oldfield no álbum Voyager. Recibiu os Premios de la Música da S.G.A.E. á mellor canción de Novas Músicas (1998), mellor canción en galego (2000) e mellor álbum de Novas Músicas (2000).