Lucina

Lucina
[ONOM]

Antropónimo feminino que probablemente ten a súa orixe no nome latino común lucus ‘bosque sagrado’. Tamén hai quen o considera como diminutivo de Lucía ou de Lucio, ou mesmo un nome de matriz clásica retomado do epíteto latino Lucina ‘deusa que asiste e protexe as mulleres no momento do parto’, derivado de lux, lucis ‘luz’. Con este nome destaca santa Lucina de Roma (s I).