Lucio

Lucio
[ONOM]

Antropónimo derivado do nome latino Lucius, de orixe incerta, seguramente relacionado con lux, lucis ‘luz’, ou co verbo luceo, lucere ‘alumear’. O seu posible significado é ‘nacido ao amencer’. En Roma foi moi frecuente, levárono políticos como Lucio Cornelio Sila e Lucio Serxio Catilina ou escritores como Lucio Anneo Séneca e Lucio Apuleio. Tamén destacan con este nome os mártires san Lucio de Coira-Suíza (s II) e san Lucio de Cirene (ss III-IV), e os papas san Lucio I (253-254), Lucio II (1144-1145) e Lucio III (1181-1185).