Lucus
Lucus
[PUBLIC]
Revista publicada en Lugo a partir de xaneiro de 1958, editada pola Deputación de Lugo, que apareceu baixo distintos subtítulos. Dirixida por Xosé Trapero Pardo, Constantino Sieira Bustelo e, a partir de outubro de 1983, por Xoán Carlos Fernández Pulpeiro, a publicación pasou por dúas etapas. Ata febreiro de 1982 foi unha revista afecta ao Réxime que informaba de todo o relacionado coa Deputación. A partir de 1982 transformouse nunha publicación aberta e desenfadada.