Luís III de Francia o Novo

Luís III de Francia o Novo

(? 863? - París 882) Rei de Francia (879-882), fillo de Luís II de Francia. Repartiu os territorios do reino co seu irmán Carlomán II de Francia e quedouse con Neustria e Austrasia. Ao comezo do seu reinado tivo que enfrontarse co conde Boson, que se fixera rei de Provenza. Trala súa vitoria en 880, herdou os territorios do seu irmán e recuperouse brevemente a unidade do Imperio Carolinxio.