lunda
-
adx
Relativo ou pertencente aos lundas.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo lunda.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo de África que habita no S da República Democrática do Congo, ao NO de Zambia e ao NL de Angola. No s XVI crearon un importante reino feudal que sufriu un proceso de desgaste pola penetración de traficantes de escravos mozambiqueños e árabes. A decadencia do tráfico negreiro no s XIX debilitou a autoridade do monarca lunda e permitiu a aparición dunha serie de pequenos reinos locais. Integrados na colonia do Congo Belga a finais do s XIX, trala independencia loitaron pola secesión da rexión de Katanga e contra o dominio que acadaran os lubas na administración e no comercio da rexión. Na década de 1970 producíronse novos intentos secesionistas. A súa economía, baseada tradicionalmente na agricultura e na pesca, viuse superada pola importancia dos comerciantes e o desenvolvemento da minería.
-
s
m
[LING]
Lingua do phylum níxer-congo que fala o pobo lunda.