lura
(< lat lura)
-
[ANIMAL]
-
s
f
Molusco cefalópodo dibranquio, da orde dos teutoideos, que presenta o corpo alongado e de tamaño medio. Posúe unha cuncha córnea moi semellante a unha pluma, situada dentro do manto e en posición dorsal; as dúas aletas, que son triangulares, están situadas a cada lado do corpo, e chegan ata a metade do manto. Os adultos teñen glándulas velenosas, que actúan xunto cos potentes brazos como ventosas, que utilizan para inmovilizar e capturar as súas presas; a glándula da tinta sérvelles para escurecer a auga cando se ven perseguidos. Efectúan migracións estacionais de área reducida. Comprenden diversas especies mariñas, litorais e peláxicas.
Sinónimos: lula. -
lura común [Loligo vulgaris, Fam dos lolixínidos]
Molusco cefalópodo mariño, da orde dos teutoideos, de corpo alongado, con oito brazos e dous tentáculos moito máis longos ca estes, dúas aletas triangulares na parte posterior e unha cuncha interior en forma de cuña, delgada e transparente. Ten unha bolsa interna onde acumula unha substancia negra denominada borra, que lle serve para escurecer a auga e evitar que o vexan e que se utiliza como condimento nalgunhas preparacións culinarias.
-
lura pota
lura pota.
-
lura xigante
Cefalópodo do xénero Architeuthis, da familia dos architéutidos, de ata 15 m de lonxitude e con ollos xigantescos de ata 25 cm de diámetro, que vive a profundidades de ata 1.000 m e que se alimenta de peixes e outros cefalópodos e son depredados por os cachalotes.
-
s
f
-
s
f
Moco que pinga do nariz. OBS: Adoita empregarse en plural.
Ex: Colle un pano e limpa esas luras que che caen.
-
s
f
Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘onza (de ouro)’.