Lutecia

Lutecia

Antiga poboación constituída a mediados do s III a C polos parisii, un pobo celta que fortificou unha illa pantanosa do Sena, a illa da Cité, bautizada como Lutecia. Os parisii queimaron as fortificacións da illa e abandonaron Lutecia aos romanos na campaña de 52 a C. Os romanos ampliárona ata a marxe esquerda do Sena, onde construíron baños, un foro e sinalaron o trazado da maioría das rúas de París. No Baixo Imperio Romano estendeuse sobre a montaña de Sainte Geneviève cara ao S, onde se atoparon vestixios. Correspóndese coa cidade de París.

Palabras veciñas

1 lustro | 2 lustro | lustroso -sa | Lutecia | Luteciano | luteciano -na | lutecio