luteína
luteína
(< lat lutĕu ‘amarelo’ +-ina)
s
f
[BIOQ]
Pigmento de cor amarela presente no corpo lúteo dos ovarios dalgúns mamíferos, na xema do ovo, nas follas e flores de vexetais e nalgunhas algas (clorofíceas e feofíceas). Actúa como antioxidante biolóxico e protexe as células contra os efectos daniños dos radicais libres acumulándose nas partes do organismo susceptibles á oxidación.