luxo
(
-
s
m
Riqueza ou abundancia de cousas caras e prescindibles.
Ex: O luxo das sociedades occidentais contrasta coa pobreza dos países do terceiro mundo.
-
s
m
Calidade do que é caro ou do que ten características moi especiais.
Ex: Ten un coche de luxo.
-
s
m
Cousa suplerfua, non necesaria ou que non está ao alcance de calquera.
Ex: Mercar agora un coche novo é un luxo que non se poden permitir.
-
s
m
Grande abundancia do que se expresa.
Ex: Expuxo o proxecto con todo luxo de detalles.
-
s
m
[ECON]
Denominación dada polos economistas marxinalistas a aqueles bens que só se poden adquirir a partir de determinados niveis de renda. En contraposición aos bens de primeira necesidade, observan que, para os de luxo, a elasticidade da súa demanda respecto do prezo é superior á unidade, é dicir, varía máis que proporcionalmente á modificación do prezo.
Frases feitas
-
Luxo asiático Luxo extremo.
-
Imposto de luxo. Imposto que incide sobre os bens de luxo.
-
Permitirse, darse o luxo. Facer algo especial, un capricho ou algo difícil.