Lystrosaurus
Lystrosaurus
[PALEONT]
Xénero de dicinodontos, da familia dos hadrosáuridos, de ata 1 m de lonxitude e orificios nasais próximos aos ollos. De hábitos semellantes aos do hipopótamo, alimentábase de plantas acuáticas que arrancaba co seu único par de cabeiros. Propio de principios do Triásico, os principais xacementos atópanse en Sudáfrica, China, India e Rusia.