mamertino -na
mamertino -na
-
adx
Relativo ou pertencente aos mamertinos.
-
s
m
[HIST]
Membro dos mamertinos.
-
s
m pl
[HIST]
Corpo de mercenarios do tirano Agátocles de Siracusa. Á morte deste volveron á Península Itálica (289 a C) e conquistaron a cidade de Messina, pero foron derrotados sucesivamente por Pirro e os romanos.
-
prisión mamertina
[HIST]
Prisión da antiga Roma situada preto do foro. Era propiamente o lugar patibulario, onde foron axustizados entre outros, Xugurta, Vercinxetórix e os participantes na conxuración de L.S. Catilina.