Maxina ou a filla espúrea
Maxina ou a filla espúrea
[LIT]
Obra de Marcial Valladares Núñez que se considera a primeira novela escrita en lingua galega. Foi publicada por entregas en 11 números en La Ilustración gallega y asturiana (1880) e non se volveu publicar ata 1970, ano en que se dedicou o Día das Letras Galegas ao seu autor. Na obra, cunha temática simple e marcada por elementos románticos e costumistas propios da literatura da época, hai un interese por parte do autor por amosar un rexistro de galego culto, alleo a formas enxebres e populares. Os diálogos entre os personaxes, artificiais e moi elaborados, alternan entre o galego, para os labregos, e o castelán, para os máis urbanos.