metodismo

metodismo

(< método)

  1. s m
    1. Calidade de metódico.

    2. Postura favorable ao emprego de métodos.

  2. s m [RELIX]

    Doutrina e movemento relixioso que xurdiron no s XVIII, ao redor da predicación do sacerdote anglicano John Wesley. As súas reunións, celebradas entre 1729 e 1735 con outros estudantes da Oxford University, dos que destacan o seu irmán Charles Wesley e George Whitefield, constituíron as bases desta doutrina, contraposta á da predestinación de Xoán Calvino. O metodismo sostén que todo individuo pode lograr a salvación mediante a experiencia relixiosa persoal, que se consegue a través dunha vida escrupulosamente estrita. Aínda que sempre foron rexeitados pola Igrexa Anglicana, os metodistas insistían en non considerarse unha Igrexa diferente, senón a sociedade máis disciplinada do anglicanismo.

Palabras veciñas

Metodio | Metodio de Olimpo, san | Metodio, san | metodismo | metodista | método | metodoloxía