Milcíades, san
Milcíades, san
(? - Roma 314) Papa (311-314). Obtivo de Marco Aurelio Valerio Maxencio a devolución dos templos e demais bens da Igrexa confiscados en 303 e foi testemuña da vitoria de Constantino I sobre Maxencio na Batalla de Ponte Milvio (312). En 313 convocou o Concilio de Letrán contra os donatistas. A súa festividade celébrase o 10 de decembro.