mínimo -ma
(< lat minĭmu, superlativo de parvu ‘pequeno’)
-
adx
Que é o máis pequeno en cantidade ou grao entre os da súa clase.
Ex: Rexistrouse unha temperatura mínima de quince graos.
Confrontacións: insignificante. -
adx
Que acada o valor máis baixo que pode ter algo.
Ex: Este mes consumimos o mínimo de luz.
-
s
m
Valor mínimo ao que pode chegar algo ou alguén.
Ex: Puxeron a calefacción ao mínimo.
-
[RELIX]
-
adx
Relativo ou pertencente aos mínimos ou á súa orde.
-
s
Membro da Orde dos Mínimos. A orde mendicante masculina foi fundada por san Francisco de Paula en Cosenza, en 1435. Chamados inicialmente Ermitáns de San Francisco de Asís, en 1493 tomaron o nome de mínimos e engadiron aos tres votos monásticos (celibato, pobreza e obediencia), o do xaxún coresmal perpetuo. En 1495 fundaron unha orde exclusivamente feminina en Andújar, e posteriormente en Francia. Unha terceira orde fundouse, á marxe do estrito terreo relixioso, para ditar unha serie de normas a seguir propostas para a vida en familia e en comunidade.
-
adx
-
[MAT]
-
adx e s
m
Aplícase ao elemento que, nun conxunto ordenado, é máis pequeno que todos os demais elementos do conxunto.
-
mínimo común múltiplo
mínimo común múltiplo.
-
adx e s
m
-
método dos mínimos cadrados
[MAT]
Dado un conxunto de n puntos do plano (x 1 , y 1 ), (x 2 , y 2 ),... (x n , y n ), método que permite achar a ecuación y= mx + b da recta que cumpre a condición de ser a que máis se aproxima aos puntos dados. O método dos mínimos cadrados serve tamén para axustar funcións máis complexas ca a dunha recta, como as funcións polinómicas ou exponenciais, e tamén se emprega no estudo da correlación e en numerosos problemas de estatística aplicada á ciencia, á técnica ou á economía.
-
[MAT]
-
mínimo absoluto
Dada unha función real definida nun conxunto, valor máis pequeno dos valores da función nos puntos do conxunto considerado.
-
mínimo relativo
alor que toma unha función f(x) nun punto x=a cando este valor é menor ca os valores de f(x) nos puntos inmediatamente anteriores e posteriores ao punto a. Tamén se denomina mínimo local, e no caso particular de que existisen as derivadas sucesivas de f(x) cúmprese que no punto a a primeira derivada f´(a) é nula e a segunda, f´´(a), normalmente é positiva. No caso que tanto f´(a) coma f´´(a) sexan nulas, a condición que f(x) teña un mínimo no punto a é que a primeira derivada de f(x) non nula en dito punto siga unha orde par e positiva.
-
mínimo absoluto
Frases feitas
-
Á mínima. Pola causa máis pequena.
-
Ao/Ó mínimo. O máis que se poida.
-
Como mínimo. Polo menos.
-
O máis mínimo. Expresión que se emprega en construcións negativas co significado de nada.