mormón, mormoa

mormón, mormoa

(< antropónimo Mormon, suposto profeta do s IV a C)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao mormonismo ou aos mormóns.

  2. s [RELIX]

    Membro da Church of Jesus Christ of Latter-Day Saints, máis coñecida como Igrexa Mormoa, organizada en Nova York en 1830 a partir das visións celestiais do seu fundador, Joseph Smith, quen asegurou que recibira de Deus a misión de restaurar a igrexa orixinal de Xesús Cristo e de traducir un antigo rexistro escrito en pranchas de ouro, que se transformou no Book of Mormon. Segundo esta revelación, estaba permitida a poligamia, que se suprimiu en 1896, de acordo coa Lei Xeral da Unión Americana. En Provo (Utah) teñen unha universidade propia, que é o colexio relixioso máis grande de EE UU.

Palabras veciñas

Mormentelos, casa grande de | mormiriforme | mormo | mormón, mormoa | mormonismo | mormoso -sa | mornadeira