M 80

M 80
[COMUN]

Emisora radiofónica de ámbito estatal fundada en 1993 e integrada dentro da Sociedad de Servicios Radiofónicos Unión Radio. Das 423 emisoras do grupo, 34 emiten a programación   dedicada aos grandes éxitos do pop e aos clásicos das décadas de 1960, 1980 e 1990. Dirixida por Manuel Dávila, en 2002 contaba con 524.000 oíntes, en progresivo descenso desde a desaparición do seu programa estrela Gomaespuma, que ofrecía unha alternativa aos habituais informativos matinais. Ten emisoras na Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo. Desde 2001 mantén unha radio dixital a través dunha web xestionada por PrisaCom.

Palabras veciñas

M | M | M | M 80 | ma | | mA