Mabinogi ou Mabinogion
Mabinogi ou Mabinogion
[LIT]
Conxunto de contos medievais galeses coñecidos a través de dous importantes manuscritos, o Llyfr Gwyn Rhyddench (Libro branco de Rhyddench, 1300-1325) e o Llyfr Coch Hergest (Libro vermello de Hergest, 1375-1425). Este florecemento do xenio celta baséase en relatos cantados desde tempo inmemorial, sobre temas mitolóxicos, acontecementos dos ss V e VI e contos populares.