maceira

maceira

(< mazá)

  1. s f [PLANTA]

    Árbore caducifolia de ata 12 m de altura, de follas ovais, serradas e tomentosas no envés. Presenta flores brancas e rosadas, dispostas en umbelas e o froito (mazá) de tipo pomo, carnoso e de coloración variada. É orixinaria de Europa oriental e Asia occidental, aínda que é cultivada desde tempos moi antigos. Existen máis de cen variedades. A madeira, densa e dura, é apreciada sobre todo como leña e para facer mangos de ferramentas.

    Sinónimos: maciñeira, macira, mazaira, mazanceira, pomar.
  2. maceira salvaxe [PLANTA]

    Árbore pequena, de 2 a 10 m de altura, máis ou menos espiñoso, de follas ovais, flores brancas ou rosadas dispostas en umbelas e de foito de tipo pomo, carnoso de 2 a 3 cm de diámetro, acedo ou doce. É unha árbore autóctona, escasa, que se pode atopar en fragas e bosques mixtos.