Macenda, pazo de
Macenda, pazo de
Construción situada en Crendes (Abegondo). Realizado en cachotería de granito recebada e encalada, os esquinais, vans e as liñas dos forxados están encintados en cantería. Ten planta rectangular alongada, co corpo central máis elevado, ao xeito de torre.