2 machada

2 machada

(< machado)

  1. s f

    Ferramenta para cortar formada por unha folla larga e grosa en forma de trapecio, afiada por un só lado e con mango de madeira, semellante ao machado pero de menor tamaño, que se emprega para traballos menos fortes. OBS: O que nunhas zonas ou lugares de Galicia se designa coa forma masculina machado, noutras desígnase coa forma feminina machada, e viceversa.

    Ex: Cortou os paos cunha machada.

  2. s f [BÉL]

    Arma ofensiva cabaleiresca que foi moi usada nos ss XV e XVI tanto na guerra como en batallas singulares, e que era empregada na loita a pé. Na parte superior ten tres elementos: machada, ou folla perpendicular ao mango; martelo, no extremo oposto, e daga, que é o dardo agudo que vén a continuación do mango.

  3. machada bipenne

    Machada con dúas follas ou ás.

  4. machada luminosa común [ANIMAL/ICT]

    Peixe con forma de machada e con numerosos fotóforos na súa pel, de ata 5 cm de loxitude. Habita entre os 500 e 1.000 m de profundidade e aliméntase de pequenos crustáceos e peixes.

Frases feitas

  • 2 loc adv De xeito forzado. OBS: Emprégase con verbos como facer.

  • A/Á machada 1 loc adv De xeito descoidado. OBS: Emprégase con verbos como cortar ou facer.

Palabras veciñas

Mácha, Karel Hynek | machacar | 1 machada | 2 machada | Machada, La | machadazo | machado