Macías
Macías
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, seis dados de prata, cos seus puntos, postos en dous paos de tres. Outra variante leva escudo cuartelado: primeiro e cuarto cuartel, de prata, cunha árbore de sinople; segundo e terceiro cuartel, de azul, cun castelo, de ouro. Algúns ostentan, en campo de ouro, unha aciñeira de sinople, coas landras de goles.