Macrocheira

Macrocheira
[ANIMAL]

Xénero de cangrexos, da clase dos crustáceos, que se caracterizan por presentar a cuncha triangular e patas moi longas, e o corpo recuberto de algas. A este xénero pertence a especie M. kaempferi (cangrexo araña xigante), que ten as patas moi longas, de ata 2,5 m de lonxitude e o corpo de 30 cm. Vive sobre fondos lamacentos das costas de Xapón.

Palabras veciñas

macrocefalia | macrocéfalo -la | macrócero -ra | Macrocheira | macrocisto | macrocito | macrocitose