Macrolepiota

Macrolepiota
[FUNGO]

Xénero de fungos basidiomicetos, da orde dos agaricais. Son cogomelos grandes, de cor gris ou parda, de sombreiro primeiramente ovoide e despois estendido e cun mamelón no medio, gornecido con escamas esfiadas, e de pé longo, con faixas escuras en zigzag, máis groso na base e provisto dun anel moi móbil. Dáse especialmente en bosques, sobre solos esponxosos e ácidos. En Galicia están presentes as especies M. excoriata, M. mastoidea, M. permixta, M. procera e M. rhacodes.