macropódido -da
macropódido -da
(< lat científico Macropus)
-
adx
Relativo ou pertencente aos macropódidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da familia dos macropódidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de mamíferos herbívoros, da orde dos marsupiais, que presentan unha gran desproporción na lonxitude das patas, as anteriores son curtas e non están adaptadas á locomoción, e as posteriores, longas e fortes, adaptadas a saltar. Son desta familia os canguros e os ualabis.