madeixo

madeixo
Nome científico: [Gracilaria verrucosa, Fam das gracilariáceas]
s m [PROTISTA]

Alga macrófita de cor parda vermella, ás veces verdosa ou amarelada. Ten aspecto filiforme e vive fixada ao substrato por un disco basal do que saen varios eixes cilíndricos de 1-2 mm de diámetro e ata 60 cm de lonxitude, que se estreita nos ápices e presenta unha ramificación moi variada. As estruturas reprodutoras forman prominencias esféricas situadas por todos os eixes. Vive nas costas protexidas e semiexpostas, nos niveis infralitoral e mesolitoral medio, e nas pozas mareais pouco profundas do mesolitoral medio. OBS Tamén se denomina rabo de raposo.