madriña

madriña

(< lat v *matrīna,dim de mater)

  1. s f

    Muller que presenta ou asiste no bautismo, confirmación, casamento ou orde a unha persoa e asume certo tipo de responsabilidade con ela. OBS: Nalgunhas zonas de Galicia a tradición de que a avoa fose a madriña do bautizo dos netos máis vellos fai que reciba este nome como tratamento de respecto.

  2. s f

    Muller que patrocina ou preside determinados actos ou cerimonias.

  3. s f

    Muller que protexe ou axuda a unha persoa nos seus designios.

Frases feitas

  • Mi madriña! Expresión que denota sorpresa ou admiración.

Refráns

  • A madriña, onda a porta arrímaa; e a comadre, déixaa onde a topares.

Palabras veciñas

madrigalizar | Madrigueras | madrileño -ña | madriña | madriñado | Madriñán | Madriñán