madroa
-
s
f
[PLANTA]
Planta herbácea, de ata 1 m de altura, que presenta talos simples de cor gris, follas alternas, de cor verde e negra pola cara e abrancazada, e peluda polo envés, flores amarelas, pequenas, ovoides e reunidas en espigas, que florecen entre finais de xullo e decembro. Vexeta en lugares como as beiras dos camiños e dos regatos e en terreos non cultivados, e desprende un cheiro agradable. OBS: Tamén se denomina herba de Nosa Señora.
-
madroa das praias
[PLANTA]
Planta perenne, glabrescente e lixeiramente aromática. Os talos, de 30-150 cm, son leñosos na base, con pólas curtas non floríferas e decumbentes as floríferas. Presenta follas carnosas, as inferiores pecioladas e de dúas a tres veces pinnadas, as do medio menos divididas e co pecíolo curto, e as superiores enteiras e sésiles. Ten capítulos numerosos, pedunculados e agrupados nunha panícula en acio. Presenta brácteas involucrais de cor verde avermellada, corolas amarelas ou avermelladas e o froito en aquenios glabros. Habita en areais marítimos de costas occidentais de Europa.