maduración

maduración

(< lat v *maturatĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de madurar.

  2. s f
    1. [BIOL]

      Proceso que consiste nun conxunto de transformacións das células, dos tecidos, ou dos organismos, mediante o que alcanzan o seu desenvolvemento.

    2. [BIOL]

      Proceso que consiste nun conxunto de modificacións que fan que as células xerminativas diploides pasen ao estado de gametos haploides despois de dúas divisións da meiose.

    3. [PAT]

      Proceso de formación de pus nun abceso.

  3. [ALIM]
    1. s f

      Operación que consiste en deixar repousar un produto alimenticio (carne, fariña, viño, etc) co fin de que adquira as propiedades adecuadas.

    2. maduración da carne

      Rebrandecemento da carne ríxida dos animais acabados de sacrificar, acompañado da aparición dun sabor e aroma agradables. Depende da temperatura, do tempo e dos enzimas e ácidos do músculo.

    3. maduración da fariña

      Melloramento das propiedades reolóxicas da fariña destinada á panificación, conseguido durante a almacenaxe e debido á oxidación, que vai acompañado da perda de cor.

  4. s f [BOT]

    Conxunto de transformacións que experimentan o óvulo e o ovario ata que se converten, respectivamente, en semente e froito.

Palabras veciñas

Madrugo | Madrygal | Madura | maduración | madurador -ra | Madurai | madurar