Magariños
Magariños
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, tres faixas ondadas de azul. Outra variante leva, en campo de prata, cinco faixas ondadas de azul; bordo de goles, cargado de catro estrelas e catro aspas de ouro, alternadas, comezando por unha aspa no cantón destro do xefe. Outra variante leva, en campo de ouro, tres faixas de azul.