Magnolia

Magnolia
[PLANTA]

Xénero de árbores, da familia das magnoliáceas, que presenta follas simples, alternas, elípticas, coriácea e dunha cor verde escura brillante, flores moi vistosas, con numerosas pezas periánticas e froito en plurifolículo. Son propias do SL de Asia e da América do N atlántica. En Galicia están presentes a especie M. denudata e a M. grandiflora.