Magnum, Axencia

Magnum, Axencia

Cooperativa de fotógrafos creada en París en 1947 por Robert Capa, Henri Cartier-Bresson, David Seymour e George Rodger. Baixo a presidencia de Capa e, trala súa morte, de Seymour, crearon a súa primeira oficina en Nova York (1948). Subministraron aos medios unha crónica fotográfica dos acontecementos mundiais cunha visión comprometida coas víctimas e coa explotación humana e sempre baixo a premisa de ofrecer imaxes sen manipulación ou censura.