magosto

magosto

(

  1. s m

    Festa que se celebra xeralmente na segunda quincena de outubro e primeira de novembro, especialmente o día de Todos os Santos ou o de san Martiño, e en que se comen castañas asadas e se proba o viño novo; tamén pode estar acompañado de chourizos ou outras viandas. Adoita celebrarse xeralmente pola tarde-noite, comezando coa preparación do lume, ata conseguir a brasa necesaria para asar as castañas. Sobre a súa etimoloxía hai varias hipóteses: que procede do latín magus ustus, ‘gran fogueira’, de magnus, ‘maxia’ ou ‘magno’, ou que procede do celta mag, ‘campo’. É de orixe pagá, e está relacionado co culto á fecundidade a través do lume purificador, e convértese nunha reunión comunitaria que reforza os vínculos agrarios de veciñanza e marca os ciclos agrícolas, pois coincide coa matanza e coa colleita da castaña, simbolizando tamén a morte do ciclo solar. Logo foi cristianizada e asociada ás festas de Santos e Defuntos e, en Ourense, coa festa de san Martiño de Tours.

  2. s m

    Fogueira que se fai para asar castañas no monte, especialmente no tempo da súa colleita.

  3. s m

    Conxunto de castañas asadas.

Palabras veciñas

magorro | Magos, campo de | magostar | magosto | magote | magoto -ta | Magreb