Mahārā h
Mahārā h
Estado de India (307.713 km2; 96.752.247 h [2001]). A capital é Bombai. Está situado entre os estados de Gujarāt, ao NO, Madhya Pradesh, ao N e ao L, Andhra Pradesh e Karnātaka ao S, e o mar de Arabia. Os ríos principais son o Godāvari e o Tāptī. O clima é monzónico, temperado e húmido na costa e caloroso e seco no interior. A agricultura favorecida por solos fértiles, ocupa unha gran parte da poboación. A industria céntrase nos sectores téxtil, mecánico, químico, do papel e na alimentaria.