maia-zoque
maia-zoque
-
adx
Relativo ou pertencente ao maia-zoque.
-
s
m
[LING]
Familia de linguas do phylum amerindio que se falan en diversos pobos do SL de México, Guatemala, unha parte de Honduras e algunha zona do golfo de México. Inclúe as linguas do grupo maia-quiché, o zoque e o totanaca. Algúns lingüistas relacionan o maia-zoque con outros grupos, como o penuti, o caribe e o arauaco.