maidu

maidu
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos maidu.

  2. s [ETN]

    Individuo da tribo maidu.

  3. s m pl [ETN]

    Tribo amerindia que habita entre o val do Sacramento e as montañas de Sierra Nevada, no estado de California. O seu número ascendía a uns 9.500 individuos (1770) organizados en tres grandes grupos, cunha economía baseada na caza e no aproveitamento dos recursos do seu medio. O descubrimento de ouro a mediados do s XIX provocou a ocupación do seu territorio polos mineiros. A súa poboación concéntrase ao redor da reserva de Round Valley.

Palabras veciñas

maiar | maicena | Maidstone | maidu | Maiduguri | Maier, Heinrich | Maier, Hermann