maio
(< lat māiu)
-
s
m
Quinto mes do ano, que conta con 31 días. No calendario romano ocupaba o tercerio lugar e estaba dedicado a Maia. Entre os católicos, este mes está dedicado á Nai de Deus. Na tradición oral recóllense ditos como: “Are quen arou, que maio xa pasou. Auga en maio, pan todo o ano. Cando en maio hai lama, aínda algo se gana. En maio, aínda a vella queima o tallo. Maio come o trigo e agosto bebe o viño. Maio chuvioso, verán caloroso. O percebe e o salmón, en maio están en sazón”.
-
s
m pl
Festa que se celebra os primeiros días de maio con motivo da chegada da primavera. Debedora de ritos ancestrais gregos (festas dedicadas a Deméter) e romanos (festas de Maia) vinculados á fertilidade, os principais ritos que se fan nesta festa, como alumear o pan (percorrer os campos sementados con fachos de palla acesos ou acender fogueiras), bendicir os campos ou poñer ramos (xestas en flor) en casas e vehículos, están destinados a conseguir abundantes froitos, atraer a boa sorte e festexar a chegada do bo tempo.
-
s
m
Construción cónica de madeira adornada de follas e flores que se saca ás rúas na festa dos maios.
-
s
m
Copla que se canta na festa dos maios.