mais

mais

(< lat magis)

  1. conx

    Significa, xeralmente, ‘e tamén, e ademais’ e indica o enlace de dúas ou máis frases ou oracións dun mesmo nivel que se unen por adición.

    Ex: Comeu unha pera mais unha mazá. OBS: Pode ir reforzada con e ou a formando a locución conxuntiva e mais ou a mais co mesmo significado. Ex: Vós e mais eu faremos un bo equipo. Ademais pode contraer coa segunda forma do artigo lo(s), la(s) e dá lugar ás formas mailo(s), maila(s). Ex: Tráeme o abrigo e mailo bolso.

  2. conx

    Indica valores contextuais próximos ao adversativo.

    Ex: Foi á tenda, mais non trouxo o que lle encargaron.

Palabras veciñas

Mairón, A | Maironis | Mairos | mais | 1 máis | 2 máis | Máis