malabsorción

malabsorción

(< mala + absorción)

  1. s f [PAT]

    Absorción intestinal alterada.

  2. síndrome de malabsorción [PAT]

    Estado clínico que resulta dunha absorción alterada dos nutrientes no tramo do intestino delgado. Pode deberse a catro causas principais: por unha dixestión inadecuada (pancreatite crónica, síndrome de Zollinger-Ellison); por unha alteración do metabolismo dos sales biliares; por defectos xerais e específicos da mucosa do estómago que dificultan o transporte de nutrientes, e por unha obstrución das vías linfáticas intestinais. Os síntomas e signos máis comúns son: diarrea con esteatorrea, debilidade, anorexia, anemia (por falta de ferro, ácido fólico e vitamina B 12 ), hemorraxias (por falta de vitamina K) ou hipoglicemia.

Palabras veciñas

malabarismo | malabarista | Malabo | malabsorción | malacate | Malacca | Malacca, estreito de