malaialam
-
adx
Relativo ou pertencente ao malaialam.
-
s
m
[LING]
Lingua drávida que se fala na costa de Malabar e que é oficial no estado indio de Kerala. Os seus primeiros documentos escritos datan do s X. Na actualidade diferénciase do támil na ausencia de terminacións persoais no verbo.
-
literatura malaialam
[LIT]
Literatura escrita en malaialam. Os seus primeiros testemuños son baladas e cancións populares do s X. Moi influída polo sánscrito, lingua da erudición, e o támil, da administración, unha das principais obras é Krishna gātha (Canción de Krishna, s XV), e no s XVI aparece Tuñcattu Ezuttacchan, unha das súas principais figuras. A influencia europea chegou no s XIX e a primeira novela data de 1899, Indulēkha de O. Cantu Mēnōn. C. V. Ràman Pillai introduciu a novela histórica no s XIX. Trala independencia a novela pasou a tratar temas da vida cotiá, e como máximo representante tivo a Thakazhi Sivasankara Pillai (1912-1999).