Malcolm III de Escocia
Malcolm III de Escocia
ou Canmore (1031? - Alnwick, Northumberland 13.11.1093) Rei de Escocia (1057-1093), fillo de Duncan I. De nome Mac Duncan, foi acollido por Eduardo III o Confesor, cando asasinaron o seu pai e chegou ao trono despois da morte de Macbeth. Axudou a Edgar de Atheling na loita polo trono de Inglaterra contra Guillermo o Conquistador, pero este invadiu Escocia e obrigouno a asinar a paz. Morreu asasinado durante a invasión do Reino de Northumbria.