maldición

maldición

(< lat maledictĭōne)

  1. Acción e efecto de maldicir.

  2. s f
    1. Imprecación que se dirixe contra algo ou alguén manifestando odio e aversión e, especialmente, desexo de que lle aconteza algún mal.

    2. Fórmula ou conxunto de palabras coas que se maldí.

  3. s f

    Conxunto de desgracias ou feitos infortunados que lle acontecen a alguén.

Refráns

  • Cregos, frades, curuxas e choias ¡dou ao diaño esas catro xoias!
  • Quen traballos pida, que malos traballos o persigan.
  • ¡Así medre meu sogro, coma a leña no fogo!
  • ¡Cal ti es, tal te seques!
  • ¡Casado te vexas!
  • ¡Corrido te vexas, coma a moeda!
  • ¡Dou ao demo todos! -dixo o que araba cos lobos.
  • ¡Malia O sangue que non corre polas veas!
  • ¡Non che dea Deus máis mal que moitos fillos e pouco pan!

Palabras veciñas

Malczewski, Anton | maldade | maldicente | maldición | maldicir | maldito -ta | maldivano -na