maleico -ca
maleico -ca
-
adx
Relativo ou pertencente ao ácido maleico ou aos seus derivados.
-
ácido maleico
[QUÍM]
Ácido dicaboxílico non saturado, que se presenta en forma de sólido cristalino, de punto de fusión 130°C, soluble en auga e en disolventes orgánicos. Tanto este ácido como o seu anhídrido son empregados como dienófilos na reacción de Diels-Alder. Por quentamento en disolución acuosa transfórmase no isómero trans- (denominado ácido fumárico), termodinamicamente máis estable. Obténse a escala industrial por hidrólese do seu anhídrido.
-
anhídrido maleico
[QUÍM]
Anhídrido correspondente ao ácido maleico. Emprégase na síntese de dienos, nas reaccións de copolimerización e como intermediario na obtención de produtos farmacéuticos.