malófago -ga

malófago -ga
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos malófagos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da orde dos malófagos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Orde de insectos formada por individuos de 0,3 a 8 mm, coa rexión torácica reducida, sen ás e cos ollos atrofiados. Son ectoparasitos de aves e dalgúns mamíferos. A súa alimentación é saprófaga, constituída por plumas e pelos. Destacan as especies Menopon gallinae, que parasitan galiñas, Colpocephaleum longicaudum, Trichodectes canis e Trichodectes subrostratus.

Palabras veciñas

Malo, O | Malo-Les-Bains | maloclusión | malófago -ga | malogrado -da | malograr | Malon de Chaide, Pedro