Mālvā Pathār

Mālvā Pathār

Chaira de India Central duns 300 m de altitude media situada ao N das montañas de Vindhya, entre as terras altas do O e a chaira do Ganxes. De 1401 a 1531 constituíu un reino musulmán independente. Conquistada polos ingleses en 1818, formou unha das axencias políticas británicas de India, composta por un grupo de estados que en 1948 se uniron con Gwalior e Indore, e formaron a Unión de Madhya Barat.

Palabras veciñas

Malus, teorema de | malva | Malva | Mālvā Pathār | malváceo -a | malvado -da | malval