Mamasunción
Mamasunción
[IMAX]
Curtametraxe de carácter dramático filmada en 1984 e dirixida por Chano Piñeiro. A xénese da obra é un recordo de nenez do propio director que resolve cun final tráxico, en que o realizador mostra o seu punto de vista sobre os efectos da emigración. A súa estrutura narrativa é circular, as primeiras imaxes mostran unha panorámica aérea de aproximación ao lugar, e outra, en sentido inverso, pecha a cinta. Foi galardoada en 1985 co Premio da Crítica na Sección de Artes e Ciencias da Representación en Galicia.